O FILLO DE SAÚL, de László Nemes

Moito se ten falado d’O fillo de Sául dende a súa estrena en Cannes. É unha película que, pola súa forma, chama a atención, mais tamén por lograr atopar un recuncho de novidade na gran narración cinematográfica que foi o Holocausto xudeu. A acción segue os pasos dun sonderkommando en 1944, no campo de Auschwitz-Birkenau. Para quen non coñeza o palabro, estes eran os grupos de prisioneiros dedicados a liberar as cámaras de gas dos corpos dos seus compañeiros... Ler máis

O MELLOR DE 2015

Presentamos a continuación a nosa listaxe do mellor do ano 2015, obtida das votacións dos nosos colaboradores. As películas que aparecen en primeira posición puntúan dez puntos e van baixando ata un na décima posición. Hai colaboradores que preferiron non establecer orde de preferencia. Nese caso, outórganse cinco puntos a cada filme. No caso de As Mil e Uma Noites de Miguel Gomes, houbo quen preferiu especificar que parte das tres votaba, mais decidimos por motivos prácticos... Ler máis