MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis

LADY BIRD, de Greta Gerwig

Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis