CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO
Erguémonos esta mañá cunha boa dose de cinema de xénero da man de David Robert Mitchell, o autor de It Follows (2014), que presentou na Croisette Under the Silver Lake (2018). Filme de claro aire cool e coa vontade de sorprender, preséntanos un mozo obsesionado coa cultura pop que vive nun bloque de apartamentos en Los Angeles e que semella pasar os seus días inmerso nas distintas doses desa cultura que consume ávido e espiando ás veciñas cuns prismáticos dende a súa... Ler máis
LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé
O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas... Ler máis
O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE
Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis