PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis

MANAKAMANA, de Stephanie Spray & Pacho Vélez

O templo de Manakamana, situado no distrito nepalí de Gorkha, no cume dunha montaña, está adicado á deusa hindú Bhagwati. Dende o século XVII existe a tradición de realizar unha peregrinación para que Bhagwati conceda os desexos das persoas que acoden aló (mana significa corazón e kamana desexo), unha tradición que pode incluír sacrificios animais de aves ou cabras. Até o cambio de século, o único xeito de acceder ao templo era un longo camiño que trepaba pola... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis

“AS NOSAS INFLUENCIAS FÓRONSE AFASTANDO CO TEMPO DUN TIPO DE DOCUMENTAL MÁIS CONVENCIONAL” ENTREVISTA CON JP SNIADECKI (2/2)

Vén da primeira parte Nos teus últimos filmes, e tamén nos últimos do Sensory Ethnography Lan (SEL), hai unha certa recorrencia cara a dispositivos de gravación máis marcados que se arredan do documental clásico. Como ves esta mudanza, esta relación entre unha vangarda estética e o traballo etnográfico ou o documental máis tradicional? Se cadra estamos algo aburridos do documental [risas]. Tanto eu coma Stephanie [Spray], desde que chegamos a Harvard, destinamos moito... Ler máis

“É BONITO PENSAR SOBRE O ACTO DE FILMAR COMO UNHA RESPOSTA ÁS DINÁMICAS DO MOMENTO NO QUE FILMAS” ENTREVISTA CON JP SNIADECKI (1/2)

Conversamos con John Paul Sniadecki (Michigan, 1979) aproveitando a súa visita ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, onde presentou as súas dúas últimas obras, People’s Park (Libbie D. Cohn / J.P. Sniadecki, 2012) e Yumen (J.P. Sniadecki / Xu Ruotao / Huang Xiang, 2013). Malia súa xuventude, Sniadecki conta xa cunha importante filmografía na que tamén salientan títulos como Chaiqian ([Demolition], J.P. Sniadecki, 2008) ou Foreign Parts (Véréna Paravel... Ler máis