ISLE OF DOGS, de Wes Anderson

Isle of Dogs (2018) móstranos unha historia moito máis crúa na imaxe e no argumento do que é habitual en Wes Anderson, sobre todo se a comparamos coa estética pulcra e de conto da súa primeira película de animación, Fantastic Mr. Fox (2009), na que se atrevía por primeira vez co stop-motion. Isle of Dogs lévanos a unha distopía na que a cidade xaponesa de Megasaki se ve sobrepasada por un brote de gripe canina que ameaza con chegar á epidemia e contaxiar á poboación.... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis

IRMÁNS QUAY, UNHA LECTURA OBLICUA (2/2)

Primeira parte do artigo. Anamorfoses da narración Na súa curtametraxe documental Anamorfosis, or De artificiali Perspectiva (1991), os Quay ofrecen unha marabillosa introdución a unha das técnicas máis misteriosas desenvolvidas durante o renacemento. A través das pinturas de Erhard Schön e Hans Holbein entre outros, xógase coa idea do multiperspectivismo na arte como vehículo para cifrar mensaxes ocultas. Baixo unha estrutura en aparencia incomprensible ou polo menos... Ler máis