ALBANELERÍA DA ESCENA EN FONTAINHAS

Enxeño de Louis Lumière no prólogo do século XX –acaso de 1890 a 1914–, a palabra cinématographe axuga dúas voces gregas: kinema (movemento) e grafos (escrita). O dispositivo ao que nomea, pola súa banda, ten levado ao real esa cosedura léxica coma escritura do movemento –isto é, pondo en escena o tránsito do mundo a partir del propio: azar e cálculo1. Non fica indemne, á vez, o medio onde tal liturxia se oficia. O cinematógrafo escrebe a decurso dos seres... Ler máis

A VIDA ÚTIL

A RESPONSABILIDADE DA PROGRAMACIÓN NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS INTERNACIONAIS “300 mil persoas participaron dunha celebración do mellor cinema independente do mundo, que concluíu este domingo cun saldo positivo dende todos os puntos de vista. Vendéronse 210 mil entradas, déronse 1083 funcións e proxectáronse 438 películas (100 curtas, 307 longas e 31 mediometraxes), coa participación de 300 invitados internacionais entre actores, directores, produtores e críticos... Ler máis

“A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA”

Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso tempo, parte da exposición Erice-Kiarostami, correspondencias, comisariada polo propio Bergala para... Ler máis