HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra
A MERDA EN OURO Desde a súa celebrada Honor de cavallería (2006), Albert Serra dedicouse a reapropiarse de estéticas románticas e aplicalas a mitos ultracodificábeis aos que reduce á súa máxima esencia (1). Nesa película, o Quixote e Sancho camiñaban polo campo á espera dunha aventura que nunca acaba por chegar. Serra mostrábanos a don Quixote como unha especie de místico romántico, amante da natureza e obsesionado coa mítica Idade de Ouro. A visión da natureza... Ler máis
SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO
Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis