BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante variación que funcionaría case coma o espello incómodo da súa anterior Cemetery of Splendour (2015).... Ler máis

JAUJA, de Lisandro Alonso

Un hombre en el desierto es alguien buscando algo; un sintiente en busca de sentido. Vicente Luis Mora [1] O inconsciente do tempo Podemos definir o cinema de Lisandro Alonso como ‘mostrativo’. Ao cineasta arxentino non lle interesa contar unha historia, chégalle con observar as accións, os comportamentos e os movementos dos corpos dos seus protagonistas a través da paisaxe e o espazo. Por iso é polo que os seus filmes están ateigados de personaxes solitarios... Ler máis

BELOFF: PANTASMAS FOTOGRÁFICAS DA PSIQUE

Se entendemos a arte como medio para comprender mellor o mundo e a nós mesmos, a neoiorquina Zoe Beloff ocuparía nesa concepción un espazo entre o etéreo e o físico, o espírito e a carne, o universo coñecido e o máis aló. Non debera interpretarse a súa afirmación de que é unha médium, “unha interface entre a vida e a morte, entre o real e o imaxinario”, en clave simplemente esotérica, senón nunha liña poética e mesmo conceptual. Non temos todos algo de tolos?... Ler máis