MARTHA MARCY MAY MARLENE, de Sean Durkin

Alén dos estereotipos Sundance é un festival sospeitoso. O seu palmarés, inaugurado con Blood Simple (Joel Coen, 1984), distingue ultimamente títulos que camuflan a súa mediocridade a través dun interese por espazos e comunidades pouco representadas, como ocorre en Winter’s Bone (Debra Granik, 2010), Precious (Lee Daniels, 2009), Frozen River (Courtney Hunt, 2008) ou Quinceañera (Richard Glatzer e Wash Westmoreland, 2006). Ben é certo que non faltan grandes nomes para... Ler máis

THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf

Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda, aínda que a súa natureza e o seu público obxectivo máis evidente pareza moi acorde coas tendencias... Ler máis

Crónica 25 de novembro

Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí, un pai con algunha deficiencia e unha denuncia evidente ao sistema, e xa é carne de Oscar. Pero,... Ler máis

ANOTHER EARTH, de Mike Cahill

O MEU EU EN FUNCIÓN DO OUTRO · O Eu, tema fundamental da reflexión humana que nos levou desde hai séculos a pensar e repensar unha e outra vez na nosa forma de estar no mundo, de constituírnos como suxeitos e de enfrontarnos a aquilo que é similar a nós, pero que non se corresponde ao noso eu: o outro. Este eu fronte ao outro é o tema central de Another Earth, un filme de ciencia ficción que basicamente establece unha premisa fantástica que lle serve como contexto... Ler máis

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT

Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia da outra: a Kelly Reichardt da súa opera prima, River of Grass (1995) parece unha cineasta... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

«CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ»  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu como traballo de fin de carreira na Universidade de Westminster, 1977,  chegou a presentarse no Festival de... Ler máis