CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”

Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña. Inquietudes filosóficas, poéticas e estéticas fúndense na obra dunha artista que se atreve con... Ler máis

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR

Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS EN 19º CURTAS VILA DO CONDE, COLLEITA 2011

Pedro Costa, coa curta O Nosso Homem, foi o vencedor da competición portuguesa e o grande destaque da 19ª edición do Curtas Vila do Conde. Tal como se prevía, o consagrado cineasta portugués venceu de forma natural o concurso nacional e até ofuscou os vencedores da competición internacional, tradicionalmente máis mediática. Volvendo ao territorio de Costa, a curta premiada recupera materiais de Tarrafal (2007) e A caça ao coelho com pau (2007), dúas curtas que se relacionaban... Ler máis