TEMOS QUE FALAR DE UWE

O director alemán Uwe Boll é probabelmente un dos directores cun maior número de haters a nivel internacional, entroutros mesteres porque ten a dubidosa honra de ser o realizador que máis adaptacións cinematográficas de videoxogos realizou (un total de 12 até a data), todas elas cunha calidade máis que dubidosa. Obxecto das iras dos fans dos videoxogos, protagonista de durísimas críticas da prensa especializada e gañador do Razzie 2009 á peor carreira por ‘ser... Ler máis

O VIDEOXOGO COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE CINEMATOGRÁFICA

A percepción do cinema (e por cinema entendo tamén a televisión e as súas series) é algo en constante crecemento. Non nacemos sabendo interpretar as imaxes, senón que co paso dos anos consumindo esas imaxes chegamos a desenvolver un certo sentido visual. Moitos docentes e investigadores avogan pola necesidade de ensinar aos mozos a ver cinema e televisión, a debullar os centos de horas de produtos audiovisuais que consumen. Esta comprensión do medio é necesaria, como... Ler máis