Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra

Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis