TERRA FRANCA, de Leonor Teles

A primeira longametraxe de Leonor Teles (1992) retrata con delicadeza o día a día de Albertino Lobo, un pescador que faena no municipio de Vila Franca de Xira, lugar natal da directora a beiras do Texo. Ao abrir cunha intensa xornada de traballo á vella usanza, envolvendo a súa figura solitaria na paisaxe fluvial mediante unha fermosa fotografía nocturna, todo fai presaxiar un achegamento clásico a esa figura masculina tradicional, alicerce dun fogar humilde cuxa subsistencia... Ler máis