ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino

Modernidade sensorial É complicado facer a touro pasado un texto sobre unha película da que correron ríos de tinta no seu pase en Cannes en maio e máis tarde na súa estrea en territorio nacional. Tres visionados completos e moitísimas lecturas posibles sobre a cinta que me deixan a sensación de non ter conseguido nin rascar a superficie dunha obra tan inabarcable. Pregunto a compañeiros con criterio sobre desde onde abordarían a miña película favorita de 2019 e a que... Ler máis

NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación en longa dun traballo case amateur que auto-financiou a modo de curta. Conviría con todo sinalar... Ler máis