JET LAG, de Eloy Domínguez Serén

Xa dende o seu mesmo título, Jet Lag sitúanos na demora, no tempo desprazado que se sinte distinto, alleo. Unha película que se propón acompañar un empregado de estación de servizo perdida nunha carreteira secundaria durante as longas horas que dura a quenda de noite. Un home da cámara (Eloy Domínguez Serén) e unha muller do micro (Beli Martínez, tamén produtora) que aparentemente se propoñen observar e escoitar, sen máis; agardar, na liña do documental observacional... Ler máis

LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy

23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal. Lorraine Lèvy pon de relevo o conflito palestino-israelí a través da historia de dous rapaces nados... Ler máis