SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho

A LOCOMOTORA COREANA O planeta está morto por conxelación. A terra cuberta de neve perpetua e os mares xeados deixaron de ser aptos para a vida; as plantas morreron, os animais desapareceron e a humanidade extinguiuse. Agás por un puñado de sobreviventes que, enclaustrados nun tren de enerxía renovable en constante movemento, sobreviven varios anos coma os últimos especímenes da raza humana baixo un único mandato: a locomotora sempre debe avanzar. A partir deste vibrante... Ler máis

THE YELLOW SEA, de Na Hong-jin

HONG-JIN, A TERCEIRA VÍA DO CINEMA COREANO · (Esta crítica ven acompañada dunha entrevista que realizamos a Na Hong-jin no recente festival de Sitges) Un sentido de xustiza social despréndese lentamente de The Yellow Sea. Non porque os marxinados personaxes a atopen, senón porque Na Hong-jin (The Chaser, 2008) trátaos coa igualdade que non compartirían de habitar unha mesma realidade. O mafioso, o profesional adestrado, o xefe da cuadrilla, o subordinado, o que fai... Ler máis