15ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: SECCIÓN OFICIAL

The Season when Velvet Antlers get Ripe, de Galina Leontieva Este ano cúmprese o quince aniversario da inauguración da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) promovida polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Por desgraza, nesta ocasión especial, a pandemia mundial supuxo unha anomalía no seu desenvolvemento, forzando a suspensión do festival uns días antes do estado de alarma o pasado mes de marzo. Finalmente, a organización, preocupada pola crise... Ler máis

FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA

‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis