ÉRIC BAUDELAIRE: “TODA NACIÓN É UNHA FICCIÓN COLECTIVA”

O cineasta francés Eric Baudelaire sorprendeu aos afeccionados ao documental en 2011 con L’anabase de May et Fusako Shigenobu, Masao Adachi et 27 années sans images, unha poética película que presentaba con naturalidade a relación do director nipón Masao Adachi co Exército Vermello Xaponés. Un exilio no Líbano de case 30 años, no que política e cinema se entrelazaban, repasando a teoría da paisaxe (fukeiron) este xenuíno activista do celuloide, coa que intentaba... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis