CURTOCIRCUITO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada

De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para lembrarnos que logo de sesenta anos, e malia tódalas revolucións tecnolóxicas que houbo nas últimas... Ler máis

TRACES OF A DIARY, de Marco Martins e André Príncipe

   “Photo is diary. Diary is life” Nobuyoshi Araki Ao igual que todo guión acaba por concretarse en palabras, partindo seguramente dunhas imaxes; non debera a crítica transmitir esa pulsión primixenia do cineasta do modo máis puro posible? Traces of a Diary facilita unha comunicación visual do que achega este filme na tradición do diario filmado, ao tratarse dun retrato de varios fotógrafos nipóns, que virían a representar as tendencias principais desta arte... Ler máis