LE LIVRE D’IMAGE, de Jean-Luc Godard

Ler esta crítica na súa versión orixinal en portugués   O libro dos excesos O traballo meticuloso e caótico de Jean-Luc Godard é de sobra coñecido. As súas Histoire(s) du cinéma (1988-1998) son o exemplo máis claro. Se o percorrido desta obra e doutras tantas puidese ser reducido a unha idea, esta sería que o noso mundo está composto por imaxes e o seu exceso caracteriza o noso modo de pensar e producir o coñecemento. Por tanto, é precisamente a importancia... Ler máis

THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh

Como se xestiona a ira? Con tan só tres películas na súa filmografía, o guionista, cineasta e dramaturgo Martin McDonagh leva recollidos -dende que presentara a súa oscarizada curtamretaxe Six Shooter en 2004- case cincuenta premios internacionais. A cifra crece de forma exponencial se nos centramos na listaxe de galardóns acumulados polo seu último filme, Tres anuncios en las afueras (Three Billboards Outside Ebbing, Missouri), o cal leva acumulados 116 recoñecementos... Ler máis

ROMA, de Alfonso Cuarón

“Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos”. ― Jorge Luis Borges Máis aló das sempre limitadas listaxes e innumerables rankings que intentan debullar o “mellor do ano”, resulta evidente que algúns filmes marcan de xeito especial unha colleita cinematográfica. Cando atopamos unha desas cintas que logra acadar ao mesmo tempo o beneplácito case unánime da crítica especializada, o éxito en festivais internacionais... Ler máis

ISLE OF DOGS, de Wes Anderson

Isle of Dogs (2018) móstranos unha historia moito máis crúa na imaxe e no argumento do que é habitual en Wes Anderson, sobre todo se a comparamos coa estética pulcra e de conto da súa primeira película de animación, Fantastic Mr. Fox (2009), na que se atrevía por primeira vez co stop-motion. Isle of Dogs lévanos a unha distopía na que a cidade xaponesa de Megasaki se ve sobrepasada por un brote de gripe canina que ameaza con chegar á epidemia e contaxiar á poboación.... Ler máis

SHOPLIFTERS, de Hirokazu Koreeda

A TRANSMISIÓN FRONTE AOS LAZOS DE SANGUE O último de Koreeda, 万引き家族 (Un asunto de familia, 2018), sitúanos moi rapidamente nun núcleo familiar algo distinto ao das acomodadas películas recentes do nipón. O fácil sería dicir que bebe do neorrealismo italiano, pois estamos a falar dun grupo que vive de pequenos furtos para sobrevivir e de traballos esporádicos, mais penso que estariamos equivocados, pois a historia do xaponés ten un ton que se irmanda máis... Ler máis