LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé

O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas... Ler máis

FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)

Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis