ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

VICTORIA, de Justine Triet

En Le bataille de Solférino (2013), ópera prima da francesa Justine Triet, o exercicio profesional dunha reporteira televisiva de clase media (Laetitia Dosch) solapábase coa necesidade de atender ás súas dúas fillas e confrontar ao seu antigo marido. Baixo un esquema de comedia caótica, chamada tamén a testemuñar o ambiente nas rúas parisinas durante a segunda volta das eleccións presidenciais de 2012, nas que François Hollande resultou vencedor, Triet conseguía poñer... Ler máis