TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis

MARGARIDA GIL: “CANDO REALIZO UN FILME TEÑO UNHA FORTE NOCIÓN VISUAL, UNHA ESPECIE DE INTUICIÓN VISUAL”

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués. Margarida Gil (Covilhã, 1950) é unha cineasta portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. O seu primeiro filme, Relação Fiel e Verdadeira (1989), estivo presente no Festival de Venecia, e Rosa Negra (1992) foi seleccionado para o Festival de Locarno. Mantense como colaboradora da RTP desde 1975, para a que xa asinou diversos documentais. En 2005 concedéuselle no... Ler máis

CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL

O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional; descubrimos tamén aos novos herdeiros de determinadas liñaxes egrexias, como Farpões Baldios (Marta... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis