LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA

Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido en España: Larry Gottheim. Non sen razón o teñen asociado á segunda xeración de cineastas estruturalistas... Ler máis

MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz

MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen de súpeto como protagonistas da súa propia historia, nun movemento perpetuo, vital, que tende antes... Ler máis