A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera

A crise e as súas consecuencias parecen ter forzado un cambio de paradigma nos protagonistas de moitas películas españolas, especialmente naquelas de xoves directores. Se nos anos 90 e parte dos 2000 imperou o retrato dunha xuventude desnortada durante os vinte anos, na presente década obras de pelaxe e propósitos tan radicalmente distintos entre si coma Las altas presiones (Ángel Santos, 2014), 3 bodas de más (Javier Ruiz Caldera, 2013) o Requisitos para ser una persona... Ler máis