TRUE GRIT, de Joel & Ethan Coen
PISTOLAS ENFUNDADAS · “Disfrazada de clasicismo, a súa pescuda xa non é ostentosa e a tensión circula agora polo interior do relato”1. Son as palabras de Carlos Reviriego describindo o cambio de estilo de Paul Thomas Anderson en There Will Be Blood (2007), filme de suma importancia para entender un fenómeno que se está a dar nunha xeración de autores norteamericanos que notan como a súa achega posmoderna torna caduca e volven a súa ollada a modelos máis clásicos... Ler máis
Variacións para xéneros e iconas. O cinema dos irmáns Coen
Tom Reagan, o conselleiro mafioso de Miller’s Crossing (Joen e Ethan Coen, 1990), ten unha clara relación de dependencia co seu sombreiro: precisa del para tomar as súas decisións, e perde o control cando perde o sombreiro. ¿O sombreiro é a súa conciencia? O sombreiro é unha icona, un dos atributos que mellor definían aos anti-heroes do cinema negro, de Humphrey Bogart a Alain Delon: o seu xeito de levar sombreiro é o que explica visualmente o carácter dos seus personaxes.... Ler máis