CURTOCIRCUITO 2017: F.J. OSSANG E A SUBVERSIÓN. CINE PUNK E FILM NOIR

“1, 3, 5, 7, 12 & RETOUR AU CHAOS!” J. Ossang é probablemente o único cineasta capaz de concebir unha película en branco e negro sobre loitas clandestinas de gladiadores punk underground a ritmo de música psychobilly. Poeta, músico, cineasta e actor; falar de Ossang é falar de subversión e delirio á deriva sobre un océano de referencias. A súa obra fílmica volve borrosas as fronteiras entre xéneros e disciplinas, construíndo no eclecticismo a identidade da... Ler máis

EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN

O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis

POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL

Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual e subxectiva, irremediablemente incompleta, do visto, ouvido e sentido durante pouco máis ou... Ler máis

DE REVOLTAS E HOMES

“Debemos negar o presente en todas as súas formas e construir o futuro” Ice “O gran dragón chámase “ti debes”, pero o espíritu do león di “eu quero” Nietzsche A labor de difusión cultural da empresa Intermedio atopa outro dos seus momentos álxidos coa edición de dous excelentes (e autoproducidos) títulos da primeira etapa do cineasta estadounidense Robert Kramer (1939-1999), Ice (1969) e Milestones (1975). Esta pertinente edición permite recuperar a un... Ler máis