LAILA PAKALNINA: “NOS MEUS DOCUMENTAIS LIMÍTOME A MIRAR E SEGUIR ÁS PERSONAXES”

Dunha escena tan invisible para o cinema como a Letonia rural postsoviética, Laila Pakalniņa (Liepaja, 1962) leva case tres décadas extraendo unha inusual poesía, calmada e sen estridencias. En cada unha das súas pezas, documentais ou ficcionadas, reflexa o paso do tempo e a coexistencia do inmnutable co transcorrrer dos ciclos vitais nesas diminutas aldeas. Seguindo coa mesma liña de silenciosos cambios, mirar cara o conxunto dos máis de trinta froitos da súa reposada... Ler máis

IKARIE XB 1, de Jindrich Polák

Nunha das escenas paradigmáticas de Ikarie XB 1 (Jindrich Polák, 1963) Michael, un dos protagonistas, percorre os corredores da súa nave espacial movido pola desesperación tras ser contaminado pola radiación dun corpo astral descoñecido. Polák, na que fora a súa primeira incursión no xénero, escolle rodar esta secuencia desde a distancia, compoñendo un todo xeométrico entre o corpo do cosmonauta e as parades circulares da nave. Para todo espectador contemporáneo,... Ler máis

SERGEI LOZNITSA: RETROSPECTIVA AS PALMAS 2012

Le este artigo na súa versión orixinal en catalán  Georgy está de viaxe no límite do mundo agora atrapado nunha vila onde o tempo se detén, os descoñecidos non son benvidos e a xente non é o que parece. Extraido do trailer de My Joy (2010) Tradución libre do inglés Emoción e intelixencia, xuntas As películas de Sergei Loznitsa son portadoras dunha carga intelectual e emocional substantiva que fai difícil escribir ou reflexionar respecto diso sen quedar extremadamente... Ler máis