MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis

RAMIRO LEDO: DO CINECLUBE DE COMPOSTELA A NUMAX

Foto: Tamara de la Fuente Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981). Foi cofundador e director até 2007 do Cineclube de Compostela, hoxe é socio traballador fundador de NUMAX, S. Coop. Galega, onde é responsable da coordinación xeral e do cinema NUMAX. Atendendo á petición de A Cuarta Parede, Ramiro accedeu a falarnos da súa transición dunha organización independiente situada fóra do circuíto comercial como o Cineclube de Compostela ata a apertura de NUMAX, un dos proxectos... Ler máis

ENTREVISTA A MARGARITA LEDO

«DEBEMOS APRENDER A ALTERIDADE, A OUTREDADE A TRAVÉS DAS IMAXES» Margarita Ledo é unha desas persoas que sempre desafía aos seus interlocutores. Eses desafíos son sempre lances construtivos, pontes que nos levan alén dos nosos límites, fornecéndonos de coñecemento e suxeríndonos aquilo que non sabiamos como expresar. Escoitar a Margarita, daquela, ensina e axuda a pensar, e non só aos seus alumnos, que escoitan por primeira vez nas súas aulas moitos nomes de teóricos... Ler máis

UN MAPA PARA OS ESTUDOS DE CINEMA

Onde estudar cinema? A oferta actual atópase tan dispersa que calquera adolescente que queira afondar na súa paixón vai ficar atrapado nesa pregunta cando teña que elixir destino. O principal problema que terá que afrontar de partida é a escisión entre os estudos teóricos, que ensinan a analizar e pensar os filmes, fronte á formación práctica, que ensina a facelos. Estas dúas opcións deberían ser complementarias, mais no panorama educativo do estado español resultan... Ler máis

Bertrand Tavernier: “A CULTURA É UN SALVAVIDAS, E ESTAMOS NO TITANIC”

Bertrand Tavernier (Lyon, 1941) é coñecido, entre outras cousas, por ter representando unha Historia de Francia a partires de múltiples filmes da súa extensa filmografía, razón pola que foi convidado a participar no III Congreso Internacional de Historia e Cinema: Modelos de Interpretación para o Cinema Histórico; coordinado polo Centro de Estudos Fílmicos da USC (CEFILMUS), que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia entre o 3 e o 5 de novembro. Antes de despedirme... Ler máis