FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (II)
Foto: Christine LB Podes ler a primeira parte desta crónica aquí. 4. Vangardas Por outro lado, e como xa é costume, na competición análoga de Vangardas apostouse por recopilar filmes que pretenden facer da forma a súa principal arma de resistencia. A selección volveu a amosar as súas múltiples posibilidades albergando desde Between Relating and Use (Nazli Dinçel), unha das pezas máis pulidas dese continuo sobre a relación cinema-corpo que é a filmografía da directora... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE
Boa parte das divisións que xurdiron no recente Festival de San Sebastián contaron coa xuventude como pilar dos seus debates. A presencia no certame dun Xurado Xoven numeroso e heteroxéneo, cuxas puntuacións delatan unha ausencia xeral de aprecio cara o cine arriscado ou con certo carácter de búsqueda -títulos variopintos como La idea de un lago, Summer Lights ou La larga noche de Francisco Sanctis apenas sobrepasaron o seu aprobado- en beneficio dunha serie de filmes... Ler máis
CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS
Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis