«EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA»
Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando opinións sobre a súa obra, comentándolle ideas para a miña peza Fills de Samsó, preguntándolle... Ler máis
CANNES? QUE CANNES?
Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis
A VIDA ÚTIL
A RESPONSABILIDADE DA PROGRAMACIÓN NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS INTERNACIONAIS «300 mil persoas participaron dunha celebración do mellor cinema independente do mundo, que concluíu este domingo cun saldo positivo dende todos os puntos de vista. Vendéronse 210 mil entradas, déronse 1083 funcións e proxectáronse 438 películas (100 curtas, 307 longas e 31 mediometraxes), coa participación de 300 invitados internacionais entre actores, directores, produtores e críticos dos... Ler máis
INCENDIES, de Denis Villeneuve
EDIPO PAI · Durante a pasada 67 edición da Mostra do Cinema de Venecia fun membro do xurado xove internacional de Giornate degli Autori, unha sección autónoma creada a imaxe e semellanza da Quinzaine des Réalisateurs do Festival de Cannes. Ao longo dunha semana vimos, debatemos e discutimos un total de dezasete obras (máis tres fóra de concurso) xunto aos seus respectivos autores, entre as que se incluían filmes notables como Cirkus Columbia, de Danis Tanović, Pequeñas... Ler máis
