CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que propuña Pedro Costa. Algo debín sospeitar, iso si, cando vin que Lento morría non unha, senón dúas... Ler máis

SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO

Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis