PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson

A oitava obra de PTA, ​Phantom Thread ​(2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis), e o seu amor obsesivo coas mulleres importantes da súa vida: a súa defunta nai, a súa irmá,... Ler máis

DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”

Foto: María Messeguer Baixo o nome ‘As regras do xogo’, a novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico achega unha selección de filmes do director estadounidense Scott Stark. Os seus filmes caracterízanse por nacer dunha sorte de xogo de Scott co proceso da filmación/montaxe, obtendo resultados dispares que van desde a ironía de Probability (1985), a hipnose visual de Shape shift (2004) ou filmes máis abstractos e materiais coma Speechless (2008). Despois de... Ler máis

LAS PALMAS 2018: ENTRE A MORAL E AS CRENZAS

A decimo oitava edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria celebrou este ano dúas efemérides cruciais -salvando as distancias- para a historia da cultura mundial e do cinema en particular. Falamos do 50 aniversario do Maio do 68 e da estrea da obra mestra de Stanley Kubrick, 2001: Odisea en el espacio (1968). O festival canario conmemorou ambos feitos cunha programación revolucionaria e absolutamente heteroxénea, que acolle exemplos de ficción,... Ler máis

HITCHCOCK EN TRUFFAUT

Se, de súpeto, o cinema tivera que ser sen banda sonora e volver, de novo, a ser unha arte muda, entón, moitos directores veríanse destinados ao desemprego. Pero, entre todos os supervivintes estaría Alfred Hitchcock, e todo o mundo decataríase, ao fin, de que el é o mellor director de cine do mundo. (François Truffaut) A confesada admiración do director francés François Truffaut polo xenio británico Alfred Hitchcock deu como resultado un dos volumes imprescindibles... Ler máis

PHOENIX, de Christian Petzold

Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die Ehe der Maria Braun (Rainer Werner Fassbinder, 1979) e Europa (Lars von Trier, 1991). Vimos como volvía... Ler máis

LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis