LOOP 2015: NOVO XIRO CINEMÁTICO DA VIDEOARTE CONTEMPORÁNEA

No ámbito do vídeo coñécese como “loop” ao efecto producido cando diriximos a cámara cara un monitor ao que facemos entrar o sinal desa mesma cámara: vén a ser como poñer un espello fronte a outro para ver o infinito. Algo semellante sucede co audio, cando achegamos un micrófono a uns altavoces que amplifican o son captado por ese mesmo micrófono. Xa no proceso de edición, un “loop” é unha secuencia de audio ou vídeo reproducida repetidamente en bucle con... Ler máis

COURTISANE 2015: VIAXE POR PAÍSES PEQUENOS (SON MÁS DOADOS DE VISITAR)

Bélxica é un país pequeno. Trátase dun país estraño, un estado tapón, dividido en dous, e mesmo en tres partes. Hai quen di que mesmo en catro. Bélxica foi unha estratexia xeopolítica creada co fin de parar os pés a Francia, separala dos Países Baixos e tamén de Alemaña. Ou viceversa. O resultado foi a creación dun Estado con catro comunidades lingüísticas: unha bilingüe en Bruxelas, a neerlandófona ao norte, a francófona ao sur e a xermanófona na zona setentrional-oriental.... Ler máis

“PÓDESE HABITAR NA IMAXE” ENTREVISTA CON MARÍA CAÑAS

Os pasados festivais de Sevilla e Mar del Plata adicáronlle unha retrospectiva completa á obra de María Cañas (Sevilla, 1972), unha das creadoras máis inquedas do panorama audiovisual actual. Os seus traballos sitúanse a medio camiño entre o videoarte e o cinema de metraxe atopada, a parodia e o documentário, ou mesmo entre a teoría e a práctica, xa que non hai ninguén mellor ca ela para reflexionar sobre as súas propias creacións, xa sexa en palabras ou en imaxes.... Ler máis