A little trip through Corpus Christi
Este vídeo achégase ao filme Corpus Christi, pouco coñecido polo gran público, pero moi recoñecido en festivais, chegando a estar nomeado aos Óscar de 2019 como mellor película internacional. É un filme polaco dirixido por Jan Komasa que conta a historia de Daniel, un rapaz que experimenta unha transformación espiritual mentres vive recluído nun centro de detención xuvenil. Cando é enviado a traballar a un taller de carpintaría nunha pequena localidade, Daniel faise... Ler máis
O mundo de Norman
VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Accésit ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional: O mundo de Norman, de Antón Varela. O xurado quixo distinguir cun accésit a obra de Antón Varela. “Un ensaio pensado e traballado dende a imaxe que, identificando constantes na obra do realizador experimental Norman McLaren, permite divulgar o seu cinema cun discurso accesible. Moi ben editado e investigado”. *Os premios naceron en 2017 para estimular... Ler máis
Sobrevivir ao tempo (unha mirada sobre Vikingland)
VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Galego: Sobrevivir ao tempo (unha mirada sobre Vikingland), de Lara Bacelo. O xurado salientou que se trata dunha “certeira crítica audiovisual de Vikingland, cun discurso claro, unha narración oral ben estruturada e unha montaxe respectuosa co filme orixinal. Ao tempo que resume con concreción os temas e recursos estilísticos da fita xa apuntados en diversos estudos... Ler máis
Aileen Wuornos presenta: mulleres violentas da posmodernidade cinematográfica
VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional: Aileen Wuornos presenta: mulleres violentas da posmodernidade cinematográfica, de Eire García. En palabras das persoas integrantes do xurado “pola súa agudeza na análise crítica da representación da(s) muller(es) violenta(s) ao abeiro da teoría fílmica feminista e pola maneira na que esta se articula, nunha conseguida peza audiovisual, moi ben... Ler máis
O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS
Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas. Nados nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Parece que non queda nada novo por contar e por iso nadamos na mestura de referentes, de estilos e estéticas para demostrar que aínda temos un punto de vista propio. Somos fluídos,... Ler máis
AS VOCES MARKER
Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a súa capacidade de innovar coa linguaxe audiovisual será na súa obra multimedia. Como en Zapping... Ler máis
ASCENSORES
Ascensor: Substantivo masculino. Aparello que serve para transportar persoas, en sentido vertical, dunhas plantas a outras dunha construción. No cinema e na vida, en realidade, no só os empregamos para evitar subir polas escaleiras. Moitos ascensores pasaron a historia do cine por acoller no seu interior escenas clave de películas: o primeiro encontro de Joseph Gordon-Lewitt e Zooey Deschanel en 500 days of Summer, o secreto e tormentoso amor de Jack Lemmon por Shirley MacLaine... Ler máis
HOMO HOMINI LUPUS
En toda a figura de Werner Herzog e, por suposto, no seu cinema, podemos ver un verniz constante de inutilidades en distintas selvas e territorios salvaxes que marcan os seus filmes con Klaus Kinski ata ese pingüino nihilista de Encounters at the End of The World (2008) que se aventura cara as hostís montañas Antártidas coñecendo o seu fatal destino. Neste vía crucis fúnebre sería obrigatorio o paso por algunhas estacións como a visión dura da naturaleza que nos dá... Ler máis
SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE
A interacción dos personaxes coa comida ocupa un rol bastante visible e importante durante o desenvolvemento da película La Vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Este videoensaio tenta seguir este fío condutor, marcado sobre todo polos espaguetis e as ostras, para explorar o mundo interior da protagonista Adèle. Os espaguetis boloñesa era a comida que a nai de Adèle mellor dominaba e reunía a familia á hora da cea. Con todo, durante este momento de reunión... Ler máis
NO FUTURE
Durante a década dos anos 70, houbo unha serie de acontecementos en todo o mundo detonantes dun pensamento e comportamento común nos xoves do mundo, afectando ás súas crenzas, ás súas costumes, incluso á moda e á súa estética. O Bloody Sunday, a Guerra de Vietnam e a crise do petróleo crearon un clima de crispación entre a xuventude, que comezou a adoptar o lema “No future”. A chegada do Punk representou unha vía de escape para esta parte da sociedade,... Ler máis