120 BATTEMENTS PAR MINUTE, de Robin Campillo

París, principios dos noventa. Un grupo de activistas de Act-Up, asociación internacional que loita pola visibilización do VIH e a súa erradicación, reúnese nas aulas dunha facultade e, entre acalorados debates e saídas nocturnas, sucédense as accións reivindicativas, radicais e transgresoras, poñendo contra as cordas ás autoridades e ás grandes farmacéuticas para empurralas a atopar unha solución asequible e universal á súa enfermidade. Francia levaba xa unha... Ler máis

LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA

© European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención de promover aquelas películas que amosan e poñen en valor a identidade e cultura europeas,... Ler máis

E AGORA? LEMBRA-ME, de Joaquim Pinto

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués Como analizar o tempo? Como incorporar ese concepto filosófico milenario ao pensamento humano? O cinema, como arte do tempo, pode contribuír a esta busca interminábel: pode axudarnos a entendérmonos ou, aínda mellor, a pensarnos como seres durábeis e, sobre todo, finitos. Desa conciencia ontolóxica xorde E Agora? Lembra-me (Joaquim Pinto, 2013): o seu título alude de seguida a esa problemática, xogando coa idea de... Ler máis

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée

Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club (Jean-Marc Vallée, 2013), un filme de produción independente que por modesto e minimalista non pasaría... Ler máis