Sobrevivir ao tempo (unha mirada sobre Vikingland)
VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Galego: Sobrevivir ao tempo (unha mirada sobre Vikingland), de Lara Bacelo. O xurado salientou que se trata dunha “certeira crítica audiovisual de Vikingland, cun discurso claro, unha narración oral ben estruturada e unha montaxe respectuosa co filme orixinal. Ao tempo que resume con concreción os temas e recursos estilísticos da fita xa apuntados en diversos estudos... Ler máis
MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS
Xusto a tempo para poder formar parte das compilacións do mellor do ano, o Festival Márgenes volve a inundar os fogares cun cinema independente que loita para poder ter espazo nas salas. Quizais por esta loita, o espazo que reclama Márgenes é o da web; así, toda a selección de filmes da Sección Oficial do festival atópase dispoñible na súa web no período entre Novembro e Decembro. Nove edicións onde o público pode, desde a comodidade do fogar, acceder ás marxes... Ler máis
SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”
Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN E A PAISAXE
Camiño e miro ao meu arredor: piso Galicia, Suecia, Noruega, o Sahara… A miña pegada é leve e efímera; borrarase trala miña partida, sepultada baixo o barro, a neve, a area… A súa pegada, porén, virá comigo onde vaia. (1) O traballo de Eloy Domínguez Serén parece repetir ao longo da súa, polo de agora, curta filmografía unha admiración pola paisaxe filmada. Desde os seus primeiros filmes, o autor esculpe coa súa cámara unha paisaxe que transforma ata... Ler máis
INDIELISBOA 2016: SR. CORVO E FAMILIA
Achegarse cada ano ao IndieLisboa supón descubrir o cinema independente máis fresco e diverso da tempada. Entre a sección oficial, todo o apoio ao cinema patrio, o programa competitivo máis audaz ‘Silvestre’, as retrospectivas (Paul Verhoeven, Vincent Macaigne e Jean-Gabriel Périot este ano, nada máis e nada menos) e ciclos paralelos, no que brillou nesta ocasión Director’s Cut, o certame remata por ser un dos máis nutridos e relevantes de Europa. Lisboa... Ler máis
SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA
Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis
A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO
O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis
Un canon para o cinema galego
Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis
VOTACIÓN FILMES GALEGOS
8 Puntos Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) 6 Puntos Galicia (Carlos Velo, 1936; remontaxe de Margarita Ledo, Ramiro Ledo e Pablo Cayuela, 2011) Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984) Arraianos (Eloy Enciso, 2012) 5 Puntos Montaña en sombra (Lois Patiño, 2012) 4 Puntos O carro e o homen (Antonio Román, 1940; sonorización de Eloy Lozano, 1980) Paris #1 (Óliver Laxe, 2008) 3 Puntos 1977 (Peque Varela, 2007) Eclipse (Alberte Pagán, 2010) Todos vós sodes capitáns... Ler máis
PLAY-DOC 2012
CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a quedar un chanzo por debaixo do que prometían os seus momentos máis inspirados. Por fin, este ano... Ler máis