TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro

Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis

SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL

A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis

ELLE, de Paul Verhoeven

Elle (Paul Verhoeven, 2016) A imaxe coa que o autor neerlandés Paul Verhoeven abre a súa última película (ata o momento), Elle, resulta bastante significativa en canto ao que este nos quere contar e como desexa facelo. Tralo fundido a negro dos títulos de crédito vemos, sen solución de continuidade, os momentos finais dunha violación e, posteriormente, trala fuxida do agresor, a reacción da vítima que, sorprendentemente tranquila, recompón as súas roupas e fai limpeza... Ler máis