MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller

Sede testemuñas. Poucas veces un filme apaña semellante consenso. Pasou con Boyhood (Richard Linklater, 2014) hai un ano, e pasa agora con Mad Max. Fury Road (George Miller, 2015): saltou dun gran festival (Cannes) ás pantallas de medio mundo, e dende aló ás listaxes dos críticos (Cahiers du Cinéma, Sight & Sound, Film Comment, Caimán. Cuadernos de Cine, A Cuarta Parede, etc) e á tempada de premios (Oscar, Bafta, Globos de Ouro, Critic’s Choice, etc). Todos de... Ler máis

SEFF 2015: ESTUDAR AS RELACIÓNS HUMANAS

19 filmes encheron os Cines Nervión durante a segunda semana de Novembro na 12ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Yorgos Lanthimos, Sergio Oskman ou a ópera prima de Louis Garrel fixeron vibrar ao público do SEFF nunha sección oficial cargada de bo cine. Sen aparente relación entre elas, semella que esta edición o festival decidiu programar películas que estudaran, dunha ou outra forma, as relacións humanas a través de dúas escenarios: a familia e o... Ler máis

SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de Cannes, cinco de Venecia, dous de Berlín, un de Locarno e outro máis de Karlovy Vary, deixando marxe... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis