FICX 2021: Novo mundo

Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS: SWEET 16

Na nosa crónica da sección oficial do SEFF en 2014, comentabamos que a escolla de títulos, se ben maioritariamente de calidade, era moi obvia e de pouco risco. Tamén, é posible, inconexa. Hai dous xeitos de facer un programa oficial: seleccionar os mellores títulos – doutra banda, como se pode determinar iso – ou escoller bos filmes que garden conexión entre eles. O programador vese na encrucillada logo de deixar películas fóra que poden ser boas, pero que simplemente... Ler máis