MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller
Sede testemuñas. Poucas veces un filme apaña semellante consenso. Pasou con Boyhood (Richard Linklater, 2014) hai un ano, e pasa agora con Mad Max. Fury Road (George Miller, 2015): saltou dun gran festival (Cannes) ás pantallas de medio mundo, e dende aló ás listaxes dos críticos (Cahiers du Cinéma, Sight & Sound, Film Comment, Caimán. Cuadernos de Cine, A Cuarta Parede, etc) e á tempada de premios (Oscar, Bafta, Globos de Ouro, Critic’s Choice, etc). Todos de... Ler máis
BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK
Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis