OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT

Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia da outra: a Kelly Reichardt da súa opera prima, River of Grass (1995) parece unha cineasta... Ler máis