IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS
Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China contemporánea. Nunha sociedade patriarcal o marido é o que traballa, mentres a muller fica na casa... Ler máis
INDIELISBOA 2012 E AS MARXES DO SEXO
Logo de case un decenio de andaina, o Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa é unha cita anual xa consolidada na súa condición de imprescindible punto de encontro ibérico coas manifestacións máis recentes do cinema de autor. Competición Internacional de longametraxes e curtas, Competición Nacional de ámbalas dúas, Observatorio, Cinema Emerxente (que incluía unha retrospectiva con foco sobre o novo cinema suízo), Pulsar do Mundo, Indiejúnior, IndieMusic,... Ler máis
MICHAEL GLAWOGGER: “OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA”
Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas ficcións. O director presentou no certame Whores’ Glory (2011), que aplica a lóxica das dúas... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis
Crónica 22 de novembro
“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis