O FENÓMENO DO CRUISING NO AUDIOVISUAL RECENTE

Como ocorre con cada termo que ten a súa orixe no argot ou no slang, custa definir con precisión en que consiste o fenómeno do cruising, mais basicamente supón buscar e practicar sexo con descoñecidos en lugares públicos. Nun principio, estes lugares eran espazos ao aire libre como parques e praias, pero paseniñamente a definición tamén comezou a abarcar urinarios e locais específicos pensados para iso, como as saunas e os bares con cuarto escuro. É un fenómeno que... Ler máis

LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis