ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

CONTINENTAL, de Xavier Villaverde

Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas do cine de gánsteres feito dende Galicia. Non obstante, Continental non é unha historia que... Ler máis

EQUIPA (42)

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis

CINEGALICIA 2019

Imos facer trinta anos dentro de pouco. Hai xente que cre que é un aniversario algo traumático que celebrar: había aquel dito da contracultura dos anos sesenta que recomendaba non fiarse de ninguén de máis de trinta, pero daquela a xente de máis de trinta probablemente estaba xa pagando hipotecas e criando bebés. Nós somos máis ben o que La Voz de Galicia describiu nun dos seus delirios como “adolestreinta”, e se cadra estamos escorrendo un pouco o vulto dedicándonos... Ler máis

UN CANON PARA O CINEMA GALEGO

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis

VOTACIÓN CINEASTAS GALEGOS

8 Puntos Xurxo Chirro 7 Puntos Óliver Laxe Chano Piñeiro 6 Puntos Eloy Enciso Alberte Pagán Lois Patiño Carlos Velo 4 Puntos Antonio Román Peque Varela 3 Puntos José Ernesto Díaz-Noriega Ángel Santos Touza Xavier Villaverde 2 Puntos Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas Mario Iglesias Ramiro Ledo Cris Lores Paco Rañal Sandra Sánchez 1 Punto Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera Carlos Álvarez-Ossorio Usúe Arrieta e Vicente Vázquez Xavier... Ler máis