PAPUSZA, de Joanna Kos-Krauze & Krzysztof Krauze

“Terán que queimar todas as rodas do mundo para que os xitanos deixemos de viaxar” A estrea en salas comerciais dun filme anos despois do seu éxito en festivais xa non é algo que colla por sorpresa ao espectador. Por iso, a chegada de Papusza (Joanna Kos-Krauze & Krzysztof Krauze, 2013) dous anos despois de facerse cos premios á Mellor Dirección e Mellor Actriz na Seminci é outro síntoma máis da triste realidade que vive o cinema de autor no noso país. Ante os... Ler máis

CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf

Atribúeselle a Giacomo Leopardi a seguinte cita: “Non temas nin á prisión, nin á pobreza nin á morte. Teme ao medo”. Como se indica tralos créditos iniciais, Bence Fliegauf inspirouse libremente na vaga de crimes contra familias xitanas que tivo lugar en Hungría en 2008 e 2009. A primeira toma xa é unha premonición: o sol vespertino ocúltase tras uns pastos e dá paso á escuridade. O día comeza para a familia de xitanos protagonista. A muller dá de comer ao vello... Ler máis