FICX 2014 (III/III): UNHA APOSTA CHAMADA CONVERGENCIAS

Terceira parte da crónica do FICX deste ano, pódese consultar a primeira, que dá unha idea xeral do festival, aquí; e a segunda sobre a sección oficial e Rellumes, neste outro enlace. A 52ª edición do FICX respectou seccións clásicas, confirmou a recuperación doutras e presentou novidades que agardamos sigan por moitos anos. Das primeiras destacaron as sempre atractivas para o público Sección Oficial, Gran Angular e Rellumes, as dúas últimas tamén seccións competitivas... Ler máis

FICX 2014 (II/III): SECCIÓN OFICIAL E RELLUMES

Segunda parte da crónica, que vén de aquí; séguelle outra centrada en Convergencias, a nova sección da crítica. En liñas xerais na Sección oficial atopámonos películas con moi boa factura, que inclúen aspectos que as diferencian do cinema máis comercial, pero que non obstante, son algo convencionais no tratamento das tramas e a forma de contar. Aínda que tanto nesta sección como noutras, houbo excepcións. Men, Women and Children (Jason Reitman, 2014) (fóra... Ler máis

FICX 2014 (I/III): SECCIÓNS ROUBADAS

A 52ª edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón deunos a oportunidade de gozar durante nove días intensos, do 21 ao 29 de novembro, de bo cinema, presentacións emocionantes, sidra natural e moi boa mesa. Para min foi a primeira vez na cidade e a primeira vez no FICX, así que sorprendido e resaltado pola cantidade de salas, seccións e actividades paralelas. Por forza houbo que elixir, descartar algunhas seccións para decantarse por outras, e con sorte, entre... Ler máis

MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt

A FRONTEIRA, A MULLER E O SALVAXE · “A conquista do Oeste é sempre un movemento, o termo western unha dirección” Cleia Cohen O mito da fronteira Ambientada en 1845 en Oregón, Meek´s Cutoff móstranos o errático movemento polo deserto dunha caravana de colonos formada por 7 membros en dirección á terra prometida. Kelly Reichardt recolle e destila todo a épica da conquista do Oeste e a mitoloxía das viaxes en caravanas que estaba presente en William A. Wellman ou... Ler máis

“EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA”

Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando opinións sobre a súa obra, comentándolle ideas para a miña peza Fills de Samsó, preguntándolle... Ler máis