LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis

NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis