DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA

“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis