¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

ISLE OF DOGS, de Wes Anderson

Isle of Dogs (2018) móstranos unha historia moito máis crúa na imaxe e no argumento do que é habitual en Wes Anderson, sobre todo se a comparamos coa estética pulcra e de conto da súa primeira película de animación, Fantastic Mr. Fox (2009), na que se atrevía por primeira vez co stop-motion. Isle of Dogs lévanos a unha distopía na que a cidade xaponesa de Megasaki se ve sobrepasada por un brote de gripe canina que ameaza con chegar á epidemia e contaxiar á poboación.... Ler máis

SHOPLIFTERS, de Hirokazu Koreeda

A TRANSMISIÓN FRONTE AOS LAZOS DE SANGUE O último de Koreeda, 万引き家族 (Un asunto de familia, 2018), sitúanos moi rapidamente nun núcleo familiar algo distinto ao das acomodadas películas recentes do nipón. O fácil sería dicir que bebe do neorrealismo italiano, pois estamos a falar dun grupo que vive de pequenos furtos para sobrevivir e de traballos esporádicos, mais penso que estariamos equivocados, pois a historia do xaponés ten un ton que se irmanda máis... Ler máis

CANNES 2018 EP. 6: O SUAVE GUSTO DO SAKE I & II

Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018) Iamos con certa cautela á proxección de Shoplifters (Hirokazu Kore-eda, 2018) polo aparente retroceso das últimas obras do nipón. Mais o último do autor de Caminando (2018) volve precisamente a esa senda punzante e escrita con elegancia que botabamos de menos. Dende a primeira escena sitúanos nun singular domicilio, formado por membros que non comparten lazos sanguíneos mais que, a causa da situación de desamparo na que se atopan,... Ler máis

COLUMBUS, de :kogonada

Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada

De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para lembrarnos que logo de sesenta anos, e malia tódalas revolucións tecnolóxicas que houbo nas últimas... Ler máis

CINEMA EN CURS

A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía do cinema e ao mesmo tempo a unha pedagoxía co cine e a través del. É unha aposta polo cine (e... Ler máis